Cátedra Naturgy
A Cátedra Naturgy da Universidade de Vigo fomentou, no periodo 2011-2019, as actividades de formación, investigación e divulgación nas áreas de enerxía, medio ambiente e desenvolvemento sostible.
A Cátedra, promoveu as seguintes iniciativas:
- Traballos de investigación.
- Actividades públicas de difusión e divulgación en investigación e innovación.
- Convocatoria anual do premio «Eva Pérez Seara» ao traballo dos alumnos do Máster de Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
- Participación e apoio financieiro ao Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.

